booking· xestión de programacións· proxectos singulares· produción
banner oqnse22

o que non se escribe

ARQUIVOS SONOROS E CREACIÓN CONTEMPORÁNEA

O QUE NON SE ESCRIBE son unhas xornadas de aprendizaxe e experimentación sobre o noso patrimonio sonoro, unha posta en común dos proxectos máis actuais arredor da música tradicional desde unha óptica tan propia como global. Un proxecto único que pon no foco o proceso desde o máis antigo ao máis contemporáneo. O que fomos, o que somos e o que tendemos a ser como país musical.

A paisaxe sonora. Escoitar chover sobre a uralita, unha pota no lume, un coche que pasa, un veciño que saúda, unha máquina, os zapatos no chan, o vaso na mesa. As conversas entre elas, os risos nerviosos porque as están a gravar, as pausas, os silencios, as preguntas, as explicacións. A calidade da gravadora e o pulsar dos botóns. O son dos propios espazos, case sempre domésticos, íntimos. Un universo sonoro fascinante que atopamos nas gravacións custodiadas nos arquivos, horas e horas de información que non se escribe, que fica oculta entre as melodías e as letras, unha fotografía sonora do momento concreto no que foi feita cada gravación. E é aí, nesas paisaxes, onde atopamos as claves para crear desde unha perspectiva consciente e propia, baseándonos no necesario traballo escrito pero inspirándonos no que non se escribiu e nos define como pobo.

PROGRAMA

VENRES 9 DE XUÑO

SÁBADO 10 DE XUÑO