Ir o contido
  • +34 881 979 963
  • info@luneda.gal
  • capa
  • quen somos
  • catálogo
    • Caldo
    • Ruxe Ruxe
    • Moura
    • David Regueiro
    • Cocanha
    • San Salvador
    • Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre
    • The Sey Sisters
  • proxectos
  • oqnse
  • novas
  • axenda
  • contacto
  • tenda
Menu
  • capa
  • quen somos
  • catálogo
    • Caldo
    • Ruxe Ruxe
    • Moura
    • David Regueiro
    • Cocanha
    • San Salvador
    • Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre
    • The Sey Sisters
  • proxectos
  • oqnse
  • novas
  • axenda
  • contacto
  • tenda

32 BANDAS GALEGAS HOMENAXEAN A RUXE RUXE NO SEU 25 ANIVERSARIO.

  • otero otero
  • Domingo 4 de Xullo de 2021
  • sen comentarios
  • Catálogo

Samesugas, A Banda da Loba, Zënzar, Pakolas, Pauliña ou O Sonoro Maxín son algunhas das bandas que participan no disco doble 25 ANOS RUXINDO: TRIBUTO A RUXE RUXE, versionando as cancións da mítica banda de rock que máis os influenciaron nas súas carreiras.

Este sábado 3 de Xullo tivo lugar a presentación do disco nun encontro sorpresa para os integrantes de Ruxe Ruxe, que se mostraron moi emocionados. Tanto a idea orixinal e a gravación como o lanzamento do disco, foron iniciativa dalgúns músicos galegos que quixeron mostrarlle aos Ruxe a súa admiración e o seu agradecemento por estes 25 anos de carreira. Nestes tempos raros e difíciles para a música ao vivo e especialmente para o rock, este é sen dúbida o maior acontecemento musical dos dous últimos anos.

Neste encontro, celebrado no Fogar do Santiso (Teo), participaron unha boa parte das bandas implicadas, así como os ex-compoñentes da formación, produtoras e outros achegados. “Ruxe o son de Ruxe Ruxe no noso ADN musical desde practicamente o comezo das nosas vidas. Son referentes do rock en galego, mais tamén da xenerosidade, a humildade e o agarimo con que nos acollen ás que viñemos detrás”, di A Banda da Loba. “Cando nós espertamos, os Ruxe Ruxe xa estaban aí, ensinando a todo aquel que quixera velo que había un camiño longo por percorrer se un baseaba a súa proposta na honestidade, alén de tópicos e prexuízos. Mentres tantos desapareceron, eles resistiron, asaltando palcos ao tempo que gravando unha cantidade inxente de cancións, sempre fieis ás súas ideas e á súa xente. Ficamos agradecidos por ter compartido parte desa viaxe, na que seguiremos aprendendo deles e con eles”, di O Sonoro Maxín.

Artistas participantes no disco 25 ANOS RUXINDO: TRIBUTO A RUXE RUXE:

A Banda da Loba, Biribirlocke, Sr. Salvaje, Espiño, Samesugas, Pauliña, Battosai, Broa, Zënzar, Deseqilibrio Mental, Som do Galpom, O Sonoro Maxín, Secho, Urko, Caudillos , Berlai, Os Vacalouras, A banda do Elías, Machina, Pito de Pikasso, Nuada, Ghavilla, Factoría de subsistencia, The Tetas’ Van, O Reverendo Can, Ukestra do Médio, Rastreros, Cru, Pakolas, Noite Fechada e Leo i Arremecághona.

Xabicas

gostaches desta nova?
 5/5

partillar

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.

vindeiras datas

non se atoparon
PrevanteriorDAVID REGUEIRO “O CAMIÑO”
seguinteRUXE RUXE 1996 – 2021 | 25 ANOS DE UNIVERSO GRÁFICONext

visita a súa páxina

Ruxe Ruxe
contratación en exclusiva
rock

Ruxe Ruxe, a banda referente do rock galego.

precisas máis info?
cóntanos
Instagram Facebook-f Youtube Spotify
  • política de privacidade
  • termos e condicións
Menu
  • política de privacidade
  • termos e condicións
  • info@luneda.gal
  • +34 881 979 963
Navedelata_logo_coop_negat_blan