booking· xestión de programacións· proxectos singulares· produción

A Memoria do Salón da Ribeira

EN BUSCA DA HISTORIA DO SALÓN DA RIBEIRA.

Cando escollemos a Ribeira de San Nicolás como escenario para o #JazzdeRía2021, a veciña do número 1 contounos que a súa casa, a casa azul, fora un salón de baile a finais do século XIX e principios do XX. Tirando do fío chegamos a saber que o salón pertencía a Elisa Rey Prieto-Inclán e ao seu home, José Yáñez, que tamén tiñan na parte de abaixo da casa un alfolín e un almacén de comestibles. A filla deles dous, Esperanza, que emigrara a Cuba, faleceu xa en Neda sen descendencia, pensamos que a principios dos 80.

A historia non nos puido parecer máis acaída coa filosofía do festival e co concerto de ALÓ DJANGO, que se fixo na Ribeira, e por iso quixemos recuperala facendo un chamamento á veciñanza do Concello de Neda. Non tardaron en poñerse en contacto con nós as persoas que lembraban as historias de Esperanza.

Así foi que xurdeu a idea de recoller a historia nesta peza documental, así que alá que volvimos ao Concello de Neda para entrevistar as veciñas que nos falaron do Salón da Ribeira e gardar esta historia na memoria para sempre. Grazas a todas elas e ás súas familias por abrirnos as casas e compartir con nós os seus recordos.

Filmada por Seimeira Producións, o traballo rescata e pon en valor a historia deste espazo. A estrea aconteceu o 7 de outubro na Casa da Cultura do Concello de Neda.

Podedes ver o vídeo aquí

gostaches desta nova?
5/5

partillar

Deixa unha resposta

vindeiras datas

non se atoparon

visita a súa páxina

non se atopa