Ir o contido
  • +34 881 979 963
  • info@luneda.gal
  • capa
  • quen somos
  • catálogo
    • Caldo
    • Ruxe Ruxe
    • Moura
    • David Regueiro
    • Cocanha
    • San Salvador
    • Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre
    • The Sey Sisters
  • proxectos
  • oqnse
  • novas
  • axenda
  • contacto
  • tenda
Menu
  • capa
  • quen somos
  • catálogo
    • Caldo
    • Ruxe Ruxe
    • Moura
    • David Regueiro
    • Cocanha
    • San Salvador
    • Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre
    • The Sey Sisters
  • proxectos
  • oqnse
  • novas
  • axenda
  • contacto
  • tenda

“Acorro”, novo videoclip de Caldo.

  • Luneda Luneda
  • Domingo 10 de Abril de 2022
  • sen comentarios
  • Catálogo
Acorro

Acorro é un punto de inflexión na carreira de Caldo. Neste tema integran a tradición galega máis pura nun contexto sonoro máis progresivo, ata case rozar o punk, pero sempre interpretado con instrumentos acústicos (guitarra, violín, pandeireta e gaita). Esta antiga melodía tradicional, foi aprendida dunha recollida das mulleres pandeireteiras de Tordoia (A Coruña). Acorro é o primeiro adianto do segundo disco de Caldo, que verá a luz en outono de 2022.

Dispoñible en todas as plataformas dixitais.

Música: Arranxo de Caldo sobre unha melodía tradicional da zona de Tordoia.
Letra: Caldo / tradicional.
Gravación e mestura: Alberto Cernadas (CRNDS)
Realización, edición e animación: Montse Piñeiro e MeliMolita

María Jorge (violín), Anaïs Barbier (voz e pandeireta) e Pedro Fariñas (guitarra e gaita) forman Caldo, un trío afincado no Valmiñor que achega a música tradicional a contextos sonoros contemporáneos a través da experimentación cos propios instrumentos. Presentan unha proposta na que integran melodías
tradicionais galegas e composicións propias con influencias das músicas europeas e atlánticas, unha fusión natural que vai directa ao sentir do público.
Para o seu primeiro disco, gravado en directo, tomaron como fío condutor o repertorio da aldea de Moscoso (Pazos de Borbén, Pontevedra), facendo una revisión do material recollido por Xisco Feijóo ás informantes Rosa e Aída Garrido.

Caldo preparan agora o seu novo traballo discográfico, no que afianzan a súa sonoridade engadindo novas texturas e atmósferas, sen abandonar o son orgánico dos instrumentos que empregan. O álbum, que sairá neste 2022, estará formado por melodías instrumentais de composición propia e por pezas con voz aprendidas do repertorio da tradición oral galega. Nesta nova etapa, escriben e reinterpretan as letras, escolléndoas coidadosamente para adaptalas ás novas realidades.

gostaches desta nova?
 5/5

partillar

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.

vindeiras datas

non se atoparon
PrevanteriorFAIA leva o seu novo espectáculo ao Festival de Ortigueira no teatro.
seguintePresentamos o programa do Jazz de Ría 2022! Next

visita a súa páxina

Caldo
contratación en exclusiva
trad| folk

Caldo é un trío afincado no Valmiñor que achega a música tradicional a contextos sonoros contemporáneos a través da experimentación cos propios instrumentos.

precisas máis info?
cóntanos
Instagram Facebook-f Youtube Spotify
  • política de privacidade
  • termos e condicións
Menu
  • política de privacidade
  • termos e condicións
  • info@luneda.gal
  • +34 881 979 963
Navedelata_logo_coop_negat_blan