Xa podemos escoitar nas plataformas dixitais o novo EP da banda de Aríns. Chámase ALFAIA PUNK, como unha das seis cancións “de espírito ceibe” que o compoñen e que, en palabras deles, “,levaban tempo fuxidas polo mundo, clandestinas, ilegais e sen papeis”. Cancións todas moi coreadas nos seus concertos pero que nunca atoparon o momento de “,sairen do armario”, e fano en forma de, “pílula de amor” nestes tempos difíciles, de soidade para moitas, de ausencias, de espazos pequenos.
Con Alfaia Punk queren homenaxear a toda a xente que non se rendeu nin o fará. Tamén a “Carvalho Calero, aos Skacha, aos Korosi Dansas e ao vello Thorens que aínda fai soar tódas aquelas vellas alfaias nas tardes de resaca”.
No EP atopamos AFOUTEZA, a que foi sen dúbida unhas das cancións do confinamento. Co seu retrouso “renderse non é opción, teremos sempre a forza necesaria para vencer”, conseguiron que decenas de colectivos, escolas, asociacións de veciños, equipos deportivos, etc, fixeran a súa propia versión do tema e o colgaran nas redes sociais.
Aquí tedes o videoclip oficial.
https://www.youtube.com/watch?v=v2s_ZmhvZpw
Para o tema que dá nome ao EP, “Alfaia Punk”, Diego Pérez @Diebujitos fixo un dos videoclips máis espectaculares da banda. Ruxe Ruxe convertidos en debuxos animados.
https://www.youtube.com/watch?v=uMf8wdgAQck
Onde escoitalo:
spotify: https://open.spotify.com/album/4EyrLQv0pzlcK7I3LGTSpY
youtube: https://cutt.ly/zynR0nG
#skacha #ruxeruxe #AlfaiaPunk #CarvalhoCalero #RockGalego #Diebujitos