booking· xestión de programacións· proxectos singulares· produción

O QUE NON SE ESCRIBE é unha proposta de aprendizaxe, reflexión e experimentación sobre o noso patrimonio sonoro, unha posta en común dos proxectos de estudo e de creación arredor da música tradicional desde unha óptica propia e contemporánea. Baixo este concepto, traballamos en tres liñas principais: a da investigación e o debate, a través de xornadas formativas e publicacións; a da escoita, a través da difusión de arquivos en diferentes formatos; e a da creación, promovendo concertos e residencias para a experimentación a partir da tradición oral.