booking· xestión de programacións· proxectos singulares· produción

Anna Ferrer (Illes Balears), primeira confirmación para O QUE NON SE ESCRIBE 2022

Anna Ferrer OQNSE

Anunciamos a primeira das artistas para esta segunda edición de o que non se escribe, o noso festival sobre arquivos sonoros e creación contemporánea. Do 12 ao 14 de Maio en Santiago de Compostela.

A través dos seus discos anteriores e en todos os seus proxectos, Anna Ferrer leva a música tradicional menorquina cara unha sonoridade máis universal. #Parenòstic é agora a culminación temporal do seu proceso persoal e artístico, no sentido de que vive e comparte a integración dos opostos que para ela representaban a creación contemporánea e a tradición.Parenòstic é un espectáculo cru e sofisticado dirixido por Niño de Elche no que a artista pon en equilibrio ese debate interno, entendendo que son un todo. Na escena, ela soa reinterpretando desde tres olladas diferentes e diferenciadas os cantos tradicionais da súa terra.

gostaches desta nova?
5/5

partillar

Deixa unha resposta

vindeiras datas

non se atoparon

visita a súa páxina

non se atopa