booking· xestión de programacións· proxectos singulares· produción

Antía Muíño

A súa máxica voz converteuna axiña nunha das revelacións da nova canción galega. O seu rexistro móvese entre o jazz-pop, a canción de autora e a música tradicional, sendo a súa proposta unha viaxe entre estilos perfectamente guiada. Despois do seu aplaudido “Carta Aberta” (2020), Antía Muíño presentará en febreiro de 2026 o seu novo disco. Ao vivo, intercala a intimidade das súas autorías coa potencia do canto tradicional, acompañada por
Miguel Arribas ao saxo, Ton Risco ás percusións e Yudit Almeida ao contrabaixo.

AntíaMuíño01_MarSuárez

Antía Muíño converteuse nunha das revelacións da nova canción galega cando só contaba cun par de sinxelos publicados. “Carta Aberta”, o seu álbum debut editado por Raso, ten case 2 millóns de reproducións e ela foi escollida embaixadora de Spotify España na súa playlist EQUAL, saíndo en rotación nas marquesinas de Times Square (New York) a finais de 2022. Ese mesmo ano, foi recoñecida nos Premios Martín Códax da Música como mellor artista emerxente.

O seu rexistro móvese entre o jazz-pop, a canción alternativa de autora e a música tradicional, sendo a súa proposta unha viaxe entre estilos perfectamente guiada pola máxica voz de Antía. Na súa aínda curta carreira, actuou en festivais tan diversos como o Jazzaldia (Donosti), Veranos de la Villa (Madrid) ou Visa for Music (Marrocos), entre moitos outros, e colaborou con artistas como Abe Rábade —co que acaba de sacar un EP—, Xabier Díaz ou Las Migas. Na actualidade, Antía Muíño forma tamén parte da banda de Baiuca , xirando con este proxecto polos mellores festivais de Europa.

Agora prepara o lanzamento do seu vindeiro disco, producido por Hevi, que verá a luz co inicio da primavera de 2026. Un traballo precioso e contemporáneo no que a canción continúa no centro. Ao vivo, Antía acompaña a súa voz ás veces de guitarra clásica e ás veces de pandeireta, intercalando a intimidade e o virtuosismo das súas autorías coa potencia da percusión e o canto tradicional. Completan o cuarteto Miguel Arribas aos ventos, Ton Risco ás percusións e Yudit Almeida ao contrabaixo.

Antía Muíño - Canta, miña compañeira
As vidas caladas - Antía Muíño ft. Caamaño&Ameixeiras
Antía Muíño - A Beleza