booking· xestión de programacións· proxectos singulares· produción

Balteira

Balteira son Cris Sánchez e Noa Migal nas voces e percusións, Álex Fente no acordeón e Pablo Pacior nos ventos. Chegados doutras formacións como Tiruleque, Aliboria ou Comando Curuxás, e cunha grande traxectoria como mestres de música tradicional, xúntanse agora neste novo proxecto que ten como eixo vertebrador a música de tradición oral galega, os cantares que sempre encheron de festa os torreiros e as melodías instrumentais para o baile.

Como carta de presentación, a banda colle o seu nome da soldadeira medieval María Pérez ‘A Balteira’, símbolo feminista, de liberdade e progreso.

Balteira 01

O cuarteto Balteira nace a finais do 2025 en Betanzos da man de Cris Sánchez e Noa Migal (voces e percusións), Álex Fente (acordeón) e Pablo Pacior (ventos). A súa proposta céntrase na recuperación do repertorio oral galego, incorporando arranxos contemporáneos pero respectando a estrutura e a emoción das pezas tradicionais.

Os cantares que sempre encheron de festa os torreiros e as melodías instrumentais para o baile, son o eixo sobre o que xiran os seus concertos, mantendo o espírito da foliada desde a calidade técnica e interpretativa destes catro grandes da nosa música tradicional. Entre as gravacións xa editadas, destacan o “Maneo de Anxeriz”, con arranxo de Pedro Lamas, e a “Muiñeira de Bardaos”, cun singular video gravado no CIEC, espazo referente en Betanzos.

Os seus integrantes proceden de proxectos tan recoñecidos como Tiruleque, Xose Lois Romero & Aliboria, Comando Curuxás ou Habelas Hainas, e contan cunha grande bagaxe como intérpretes e docentes de música tradicional en diferentes asociacións e escolas de todo o país.

O nome da agrupación fai referencia á soldadeira medieval María Pérez ‘A Balteira’, figura histórica vinculada á liberdade e á transgresión social; fonte de inspiración e símbolo do carácter renovador do proxecto.

Balteira é a forza da renovación na tradición galega, unha proposta ideal para os festivais, festas populares e eventos culturais que procuren emoción, identidade e calidade artística.

descargar o dossier

Muiñeira de Bardaos
Balteira. Muiñeira de Anxeriz.
Balteira. Maneo de Anxeriz.