Nun momento no que xéneros como o bolero se teñen revalorizado dentro da música popular, Copos de Avena convértese nunha ponte entre as raíces da tradición latinoamericana e as sonoridades jazzísticas contemporáneas, creando un espazo onde o vello e o novo coexisten de xeito natural. Lonxe de procurar rupturas radicais, o obxectivo do cuarteto apunta cara unha reinterpretación fresca e vibrante, onde o clásico se renove de maneira orgánica, adaptándose aos novos tempos sen perder a súa esencia.
Copos de Avena son:
GLORIA PAVÍA (Compostela) na voz. Premio Martín Códax da Música 2024 a artista emerxente do ano, é graduada en canto moderno e baixo eléctrico. Unha habitual da escena jazz contemporánea galega.
YUDIT ALMEIDA (La Habana) no contrabaixo. Licenciada en jazz pola ESMAE e graduada en música clásica, é unha das imprescindibles da música galega actual, destacando non só no jazz, se non tamén en proxectos como os de Catuxa Salom, Antía Muíño ou Sofía Espiñeira.
HÉCTOR AGULLA (Moaña) na batería. Formado con grandes como Jorge Rossy, LAR Legido ou Rodney Green, tocou na maioría de festivais de jazz de España e Portugal acompañando a artistas moi diferentes, demostrando unha grande versatilidade. Na actualidade é tamén batería de proxectos tan interesantes como Loiros ou Límbico.
IAGO MARTA (Vigo) na guitarra. Formado en jazz e en música como arte interdisciplinar en Barcelona, este compositor ecléctico estivo involucrado en multitude de proxectos de estilos moi diversos. Agora compaxina a docencia coa composición de música para imaxe e cos seus proxectos Noar e Límbico.
