booking· xestión de programacións· proxectos singulares· produción

El Nido

A potencia destes burgaleses radica nas súas composicións, nas que abordan temáticas actuais dende unha estética que mestura a raigame coa vangarda, transmitindo unha mensaxe clara de sinxeleza na orixe, de lembranza dende a distancia; dende outro punto de vista. O resultado é singular e case inclasificable. Colaboracións con Rodrigo Cuevas ou Rozalén, concertos no WOMAD, no WiZink Center con La M.O.D.A, no Sonorama Ribera ou na Fira Mediterrània Manresa…

El Nido 07 - Claudio Rivero

O universo de El Nido soa a tixola e lata de pementón, cheira a verbena moderna e sabe a xota e a praza. As súas composicións toman como referencia os sons e ritmos da música tradicional de Castela e León, como procura de orientación e identidade nun presente cada vez máis acelerado e convulso.

O seu último LP, “La Constancia” (2025), é unha visión absolutamente única da música tradicional desde o contemporáneo e o pop, mantendo a súa esencia vitalista, conmovedora e cada vez máis atrevida. Agudillos, jotas de ronda, ajechaos, charros e outros ritmos tradicionais de baile, seguen inundando a súa música, sempre vestida das sonoridades dos instrumentos domésticos que acompañaron sempre á tradición oral.

Despois dunha xira de presentación do seu primeiro LP, “Refugios a cielo abierto” (2022), que os levou a
máis de 150 escenarios, e de “TUCUCU”, un exitoso sinxelo xunto a Rodrigo Cuevas, os burgaleses El Nido afianzan agora con “La Constancia” unha proposta enraizada no riquísimo folclore ibérico, que resignifica a verbena contemporánea que precisamos.

“La Constancia” foi producido desde dúas olladas complementarias, a de Diego Galaz (Fetén Fetén) e a do
Hevi (Malandrómeda), e conta, ademais, coas colaboracións de Rozalén, Rodrigo Cuevas e Neomak

el nido & Rodrigo Cuevas - TUCUCU
Saltar - el nido & Pedro Pastor y Álvaro Navarro
Ronda al canto - el nido & El Naán