Antía Muíño converteuse nunha das revelacións da nova canción galega cando só contaba cun par de sinxelos publicados. Agora, “Carta Aberta”, o seu álbum debut editado por Raso, ten case 2 millóns de reproducións e ela foi escollida embaixadora de Spotify España na súa playlist EQUAL, saíndo en rotación nas marquesinas de Times Square (New York) a finais de 2022.