Íntima, moderna e potente. Chea de honestidade e de responsabilidade tanto coa tradición coma con elas mesmas. Así é a nova proposta de Caldo, que reivindican o seu espazo no panorama actual coma unha das agrupacións imprescindibles á hora de entender a renovación e posta en valor da música tradicional a través da experimentación sonora.