booking· xestión de programacións· proxectos singulares· produción

Abraham Cupeiro

world

Abraham Cupeiro

MYTHOS
XIRA 2023 – 2024

Abraham Cupeiro, singular multiinstrumentista, luthier e compositor excepcional, presenta o seu novo espectáculo cunha formación única para esta xira especial. Tras estrear MYTHOS a principios de 2023 xunto a Orquesta de Extremadura, Cupeiro quere vestir agora este sorprendente repertorio de novas sonoridades, nun formato versátil pensado tanto para teatros como para lugares patrimoniais.

Mitoloxías árabes, célticas, romanas ou gregas son os puntos de partida cos que Abraham Cupeiro traslada o espectador de MYTHOS a mundos e cidades perdidas no tempo, como a enigmática Atlantis. Recuperando os instrumentos que os nosos ancestros tocaban nos teatros gregos, os circos romanos ou as covas perdidas nos confíns do mundo, ofrécenos unha viaxe musical a través das historias creadas desde tempos inmemoriais para atopar unha lóxica á orixe do universo.

En MYTHOS descubrimos, entre outras marabillas, os sons do Aulos, un dos instrumentos máis representados na antigüidade grega e cuxa invención atribúeselle á Deusa Atenea, ou os do Cornu, rescatado das cinzas de Pompea, unha xigantesca trompa que os romanos empregaban nas súas campañas bélicas.

Costa Atlántica
Armenia

partilla!