booking· xestión de programacións· proxectos singulares· produción

“a verdadeira tradición non emana do pasado, nin está no presente, nin se alvisca no porvir. A tradición é a alma eterna de Galiza, que vive no instinto popular e nas entrañas graníticas do noso chan. A tradición non é a historia. A tradición é a eternidade”

Castelao. Sempre en Galiza.

Ailá grupal 1 chuvia

A nosa música e o noso baile tradicionais son vivencias que atravesan o espazo e o tempo con cada xeración. Viaxan dende o pasado e sobreviven hoxe en nós proxectándonos coma un pobo con cultura de seu. As nosas tradicións son a forma que escollemos de traer a dimensión do pasado ao noso presente e cara o futuro.

Tradimensional, o cuarto traballo discográfico de Ailá, é unha homenaxe a estas vivencias, personificadas nas mestras pandeireteiras, nos tocadores de instrumentos e nas bailadoras que souberon desfrutar e transmitir este
patrimonio colectivo. Co traballo de moitas persoas, as agrupacións de música e baile tradicionais foron quen de aglutinar e espallar esta riqueza por todas as localidades da nosa xeografía.

Ailá é un grupo de música de Santiago de Compostela, gañador dos premios Martín Códax da Música 2023 na categoría de Música Tradicional. Foi seleccionado para representar a Galiza no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira 2024, no WOMEX 2023 (a maior feira de industrias musicais do mundo), no Festival Interceltique de Lorient 2023 e no Celtic Connections de Glasgow 2020. No 2024 tamén foi unha das propostas galegas escollidas para o stand de Galiza no FITUR, un encontro global para os profesionais do turismo celebrado en Madrid.

A banda emerxeu das máxicas foliadas na Casa das Crechas. Unha proposta inspirada no respecto á tradición e á música patrimonial galega, pero cunha visión sen fronteiras, mesturada con aromas, ritmos e cores doutros lugares e doutras culturas, aberta ao mundo sen complexos e, sobre todo, coa ilusión e curiosidade de todo aquel que ama o que fai.

Uns dos representantes máis novos do Tradi, un xénero que excede ao musical no que a danza e a música pasan a converterse nun xeito de entender a vida, un xeito de estar no mundo.

𝙰𝙸𝙻Á. 𝚇𝚘𝚝𝚊 𝚍𝚎 𝙿𝚊𝚣𝚘𝚜 𝚍𝚎 𝙱𝚘𝚛𝚋é𝚗. (𝙵𝚎𝚊𝚝 𝙾.𝙲.𝚃. 𝚄𝚕𝚝𝚛𝚎𝚒𝚊)
𝙰𝙸𝙻Á. 𝙿𝚊𝚝𝚎𝚊𝚍𝚘 𝚎 𝚖𝚞𝚒ñ𝚎𝚒𝚛𝚊 𝚍𝚎 𝚂𝚘𝚞𝚝𝚎𝚕𝚘 𝚊 𝙶𝚛𝚒𝚡𝚘𝚊. (𝙵𝚎𝚊𝚝 𝙰. 𝙵. 𝙲𝚊𝚗𝚝𝚒𝚐𝚊𝚜 𝚎 𝙰𝚐𝚊𝚛𝚒𝚖𝚘𝚜 & 𝙰𝚗𝚍𝚛é𝚜 𝙿é𝚛𝚎𝚣)
𝙰𝙸𝙻Á. 𝙼𝚊𝚗𝚎𝚘 𝚍𝚎 𝙴𝚛𝚋𝚎𝚌𝚎𝚍𝚘.