O seu rexistro móvese entre o jazz-pop, a canción alternativa de autora e a música tradicional, sendo a súa proposta unha viaxe entre estilos perfectamente guiada pola máxica voz de Antía. Na súa aínda curta carreira, actuou en festivais tan diversos como o Jazzaldia (Donosti), Veranos de la Villa (Madrid) ou Os Xoves de Códax (Cambados), entre moitos outros, e colaborou con artistas como Xabier Díaz, Baiuca ou Las Migas. Durante o último ano, xirou por toda España, deu case unha decena de concertos en Portugal e ven de rematar a súa primeira xira por Marrocos, cunha grande acollida.
Agora prepara novas cancións, que acompañarán nos directos ao seu aplaudido “Carta Aberta”. Ao vivo, Antía acompaña a súa voz ás veces de guitarra clásica e ás veces de pandeireta, intercalando a intimidade e o virtuosismo das súas autorías coa potencia da percusión e o canto tradicional. Completan o cuarteto Miguel Arribas ao saxo e o teclado, Ton Risco ás percusións e Yudit Almeida ao contrabaixo.
- Selección The Spanish Wave no Visa For Music (Rabat) 2023
- Finalista nos Premios MIN 2023
- Mellor Artista Emerxente nos Premios Martín Códax da Música 2022