O dúo occitano Cocanha presenta Puput (2020), un disco e un espectáculo producido por Raül Refree, que soubo capturar á perfección a intensa delicadeza da súa música. As voces de Lila Fraysse e Caroline Dufau mistúranse dentro dunha singular polifonía e proxéctanse ao ritmo da pulsación dos tambores de cordas e a percusión corporal, levando o repertorio tradicional occitano ao seu terreo de xogo. Ao vivo, sitúanse nun cara a cara no que as dúas músicas liberan as súas personalidades vocais complementarias, atravesadas por 10 anos de complicidade artística. Cocanha cultiva o minimalismo e a sinceridade do son acústico, enganchando o corpo dentro da danza e explorando novas vías de creación, sempre coa lingua e a tradición occitanas como centro e cunha mensaxe que cuestiona a relación coa norma social.
- WOMEX 2023 | official showcase selection.