As cancións de El Nido parten dos sons e ritmos da música tradicional de Castela e León, como procura de orientación e identidade nun presente cada vez máis acelerado e convulso. En decembro do 2022 lanzaron o seu primeiro LP, ’Refugios a cielo abierto’, producido por Diego Galaz (Fetén Fetén, Fito & Fitipaldis). Nel, crean un universo no que soan jotas, ajechaos, charros, ruedas burgalesas, latas de pimentón e tixolas para falarnos de intereses plenamente contemporáneos nas súas letras. Un traballo luminoso, delicado e orixinal á vez que enerxético, con ecos a campo e herba, que difumina as divisións entre xéneros.
No 2024 remataron unha xira con máis de 130 datas no seu primeiro ano e medio, incluíndo a apertura
para La M.O.D.A. no WiZink Center de Madrid, o WOMAD, o Sonorama Ribera ou a Fira Mediterrània de
Manresa, entre outros.
NOVO DISCO: MARZO 2025
El Nido ven de grabar baixo a produción do Hevi (Malandrómeda) o seu vindeiro disco, un novo LP no que
queren afondar máis en como toca e baila Castilla e, sobre todo, en como traer toda esa tradición á
liguaxe contemporánea. Proba desta evolución é o seu último lanzamento, un sinxelo feito man a man co
asturiano Rodrigo Cuevas, unha canción que convida ao disfrute polo disfrute, por xuntarnos e
experimentarnos en sociedade desde a alegría mesma, como sempre se fixo no baile, nos torreiros.