fbpx

Gaizca Project

Gaizca Project xurde da unión entre as pandereteiras galego-belgas Ialma, o trikitilari vasco Iñaki Plaza e o graller catalán Manu Sabaté. Despois de varios anos de encontros e colaboracións cos seus proxectos persoais, no 2018 deciden darlle forma a esta banda única nunha residencia de creación no marco do Dansàneu – Festival de Cultures del Pirineu. A presentación oficial do proxecto fíxose no marco da Fira Mediterrània de Manresa 2018, baixo o nome de Galeuscat, nun pequeno showcase só para profesionais que espertou un grande interese.
En 2019, tras outras dúas residencias de creación en Euskadi e en Bélxica, gravaron o seu primeiro disco. Dende a súa saída, presentárono no Festival Compostela (Bruxelas, Bélxica), Rudolstadt Festival (Alemaña), Festival Demandafolk (Burgos), Música al Parc (Olot, Cataluña), Ligat Festival (Puilaurens, Francia), Weltmusik Fest (Bélxica), Festival Tradicionàrius (Barcelona), Festival Etnomusic (València) ou Festas do Apóstolo (Santiago de Compostela), entre outras. En Outubro de 2019, ademais, volveron á Fira Mediterrània de Manresa para ofrecer un exitoso concerto na xornada inaugural.

AS ARTISTAS

IALMA

Estas catro pandeireteiras levan máis de 20 anos exportando a música tradicional galega por todo o mundo desde a óptica da emigración. Aínda que nacidas e residentes en Bruxelas, Verónica, Natalia, Eva e Marisol están nunha relación constante e vital co seu país de orixe, construíndo un repertorio de cancións tomadas das súas raíces pero adaptadas á súa nova realidade: a de mulleres de hoxe en día, en contacto con diversas culturas, varios idiomas e varias estéticas musicais.

IÑAKI PLAZA

Iñaki Plaza é un dos músicos máis destacados de Euskadi, comezando a súa carreira en 1994. Foi trikitilari, txalapartari e percusionista das bandas de Kepa Junkera, Ibon Koteron e Ion Garmendia e colaborou en grabacións de grupos como Berrogüetto, Tejedor, Coetus, Kila ou Susana Seivane, entre moitos outros.

MANU SABATÉ

Manu Sabaté foi un dos primeiros músicos en levar a gralla fóra do seu contexto habitual, a música tradicional, e experimentar con novos xéneros e linguaxes como a improvisación, obtendo o Grao Superior de Música na ESMUC (l’Escola Superior de Música de Catalunya) coa gralla como instrumento principal. Colabora en numerosos proxectos e desde 2012 lidera o Inxa Impro Quintet.

GAIZCA PROJECT AO VIVO | FORMACIÓN:

Ialma (Marisol Palomo, Verónica Codesal, Eva Fernández e Natalia Codesal) – voces e percusións tradicionais
Iñaki Plaza – trikitixa e txalaparta
Manu Sabaté – gralla e tenora
Ciscu Cardona  – guitarra
Kepa Calvo – batería e txalaparta

vídeos destacados

GAIZCA Project - Live at Rudolstadt-Festival
GAIZCA PROJECT
GAIZCA Project - Live @ Pianofabriek

partillar nas rrss

ou visita as de Gaizca Project

novas

20 Xullo, 2020
Gaizca Project (Ialma + Iñaki Plaza + Manu Sabaté) na noite grande das Festas do Apóstolo
Gaizca Project (Ialma + Iñaki Plaza + Manu Sabaté) na noite grande das Festas do Apóstolo