Liserxia pangalaica en forma de melodías psicodélicas, cantos pastorais e ritmos tribais envoltos en ecos de tempos pasados.
Dous anos despois do lanzamento do seu debut homónimo e do sinxelo "Muiñeira da Maruxaina" en 2021, Moura volvían o pasado mes de maio co seu agardado segundo traballo de estudio no que afondan aínda máis na tradición galega, tanto a nivel lírico coma instrumental, acadando o recoñecemento da crítica especializada. De 'Axexan, espreitan' (2022, Spinda Records) publicáronse até o momento os sinxelos "Baile do dentón" e "Romance de Andrés d'Orois", temas a medio camiño entre a neo-psicodelia, o rock progresivo, o kraut-rock e o folk galego.
MOURA é sen dúbida unha das bandas de rock máis interesantes do panorama estatal e como proba disto está o seu paso por citas de primeiro nivel coma Resurrection Fest, Monkey Week, Sound Isidro, Festival de La Luz, Sonic Blast, Festival Noroeste ou Los Conciertos de Radio 3, entre outras. 2023 será un ano para continuar presentando 'Axexan, espreitan' ao vivo e embriagar co seu akelarre sonoro a todas as persoas que presencien algún dos seus concertos.