San Salvador é polifonía occitana salvaxe e punk, un colectivo de seis voces e percusión embarcados na busca do folclore universal arraigado nas profundas tradicións dos trobadores da rexión. As súas composicións usan o occitano como instrumento rítmico, combinando poesía con harmonías vocais hipnóticas sobre patróns contundentes de percusión.
San Salvador é un concerto radical a seis voces, dous tambores, doce mans e unha pandeireta, combinando a enerxía e a poesía crúa da música popular co ritmo implacábel e hipnótico da percusión.
A banda de Sent Sauvador (Lemosin, Occitània) é unha das máis relevantes da world music actual. A partir do seu exitoso showcase en WOMEX 2018 comezaron a xirar por todo o mundo converténdose nunha das propostas máis solicitadas polos mellores festivais.
No 2021 presentaron “La Grande Folie”, o disco que os consolida como a grande sensación da música trad europea.