Arranxos polifónicos da música tradicional portuguesa interpretados a cappella por este grupo de investigación da tradición oral formado por 10 mulleres. A través das súas voces, exploran a riqueza do legado tradicional, situándoo no contexto da música do mundo actual. O seu espectáculo transita desde as cancións mirandesas de Trás-os-Montes ou os bailes das Azores, ao repertorio do Zeca Afonso ou de Amélia Muge, entre outros.