booking· xestión de programacións· proxectos singulares· produción
volver

Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre

trad
Xabier Díaz

Xabier Díaz é un dos nomes propios da música tradicional galega, referente absoluto da posta en valor da pandeireta eo adufe, ocupando un lugar destacado na recuperación e renovación das músicas tradicionais nas últimas tres décadas.

xabier díaz e adufeiras de salitre

Co seu álbum As Catedrais Silenciadas (2020) conclúe unha triloxía personalísima en compañía das Adufeiras de Salitre. Este terceiro traballo con elas é o culmen dun proceso que comezou no ano 2015 e do que o elemento diferencial é o seu impresionante grupo de vocalistas e percusionistas femininas. As composicións parten do traballo de campo do propio Xabier,toda unha vida de investigación e compilación dos cantos das mulleres no rural. A partir de aquí, a súa música e as súas novas letras dotan de frescura esta materia prima potente e identitaria.

O espectáculo ao vivo de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre luce a un altísimo nivel. Acompañadas por Roberto Grandal(acordeón), Iván Costa (zanfona) e a impecábel produción sonora de Tomás Ageitos, procuran emocionar a un público co quesempre atopan complicidade. Unha volta máxica e actualizada ás festas da aldea, de sempre, cunha ollada contemporánea eadaptada aos tempos.

As catedrais silenciadas | Top ten da World Music Charts Europe (catro meses consecutivos).
As catedrais silenciadas | Top of the World de Songlines Magazine.
As catedrais silenciadas | Top ten da Transglobal World Music Chart.
Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre | WOMEX 16 Atlantic Connections Selection
Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre | Premio Martín Códax da Música 2020 e 2016
Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre | Premio MIN da Música Independente 2016

Concertos en Escocia, Inglaterra, Portugal, Alemania, Francia, Noruega, Argelia, Argentina, Uruguay…

XABIER DÍAZ: MÁIS DE TRES DÉCADAS DE MÚSICA

Dos primeiros sopridos de Xabier Díaz (A Coruña, 1969) a unha gaita, nos albores dos 80, até o disco que o posicionou comoreferente da música tradicional galega, Coplas para Icía (2007), pasaron 30 anos. A súa curiosidade facilitou a chegada dasexperiencias que se sucederon, tan diversas, tendo sempre a música pop(ular) no horizonte. Foi voz no célebre grupo Berrogüetto entre 2008 e 2014, na compañía Nova Galega de Danza e no proxecto aCadaCanto, xunto a Guadi Galego, XoséLois Romero e Guille Fernández. Colaborou con artistas tan diferentes como Paulinho Moska, Julie Fowlis, Kepa Junkera ou Carmen París, entre outros.

Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre - O baile de Noró
Xabier Diaz - Muiñeira de Limiñoa - Live at WOMEX 16
Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre - Xota Delira (Ao Vivo)

VINDEIRAS DATAS

por anunciar