O Coro Encaixe escolleu para gravar o seu novo videoclip un dos temas máis especiais do cantor portugués José Afonso: Teresa Torga. Os arranxos vocais e as percusións corporais adaptadas polo director do coro, Manuel Abraldes, danlle aínda máis forza a esta historia cantada polo Zeca en 1976.
O video foi dirixido e gravado por un dos compoñentes do coro, o tamén actor Rubén Prieto, na nave da compañía Talía Teatro.
Velaquí o tedes
Encaixe aposta cada vez máis pola música galega e lusófona. Numerosos artistas galegos contemporáneos de moi diferentes estilos, como Marful, Narf, Berrogüetto, Dhais, Ana Kiro ou Malandrómeda, ou os brasileiros Djavan e Jorge Ben, xa foron versionados por este coro dándolles unha nova perspectiva.
Nos directos do Coro Encaixe, temas como “Teresa Torga” conviven con outros de artistas moi coñecidos como George Michael, Eurythmics ou até Led Zeppelin. Durante o confinamento atrevéronse a gravar esta versión tan particular do “Barbie girl” de Aqua por Skype: https://www.youtube.com/watch?v=fZ_kftL2-z4
Sen dúbida unha proposta innovadora para todos os públicos. Outro concepto de coro.
#CoroEncaixe #encaixe #ZecaAfonso #zecafonso #TeresaTorga