booking· xestión de programacións· proxectos singulares· produción

DAVID REGUEIRO “O CAMIÑO”

David Regueiro presenta “O Camiño” (2021), un novo disco integramente de composicións orixinais para o que se acompaña de Pablo Castaño (saxo), Alfonso Calvo (contrabaixo) e Sergio González (batería). Neste novo traballo, editado da man da Fundación Vicente Risco e Xacobeo 2021, explora outras correntes do jazz inspiradas na música galega, levando un paso máis aló a carreira deste xenial guitarrista. Todas as músicas deste novo traballo foron interpretadas coa guitarra “Maruxa”, unha peza deseñada e construída especialmente para este proxecto polo luthier Carlos Sabrafén. David Regueiro, cunha ducia de discos editados, con centos de actuacións por diferentes países e co aplauso unánime de prensa e público, consolidouse coma un dos guitarristas de gypsy jazz máis prominentes do Estado. Co seu trío editou no 2020 “Areal”, un álbum ubicado no jazz manouche, a corrente estética creada por Django Reinhardt, sen deixar de lado outras das súas influencias: o swing americano e o be-bop. Aínda inmerso nas presentacións de Areal, Regueiro dá un paso máis na súa carreira con este novo traballo, un disco que bebe da tradición galega non só no musical, se non na concepción do propio proxecto. O Camiño foi ideado a partir das sonoridades da guitarra de Carlos Sabrafén, construída especialmente para David Regueiro con madeiras galegas e cun deseño inspirado no Camiño de Santiago. Unha peza única para un disco único.

https://youtu.be/kSRkkwBZvvQ

gostaches desta nova?
5/5

partillar

Deixa unha resposta

vindeiras datas

non se atoparon

visita a súa páxina

non se atopa