Luneda Producións | 646 165 044
 info@luneda.gal | luneda.gal

David Regueiro Trío

- gypsy jazz -


David Regueiro, cunha ducia de discos editados, con centos de actuacións por diferentes países e co aplauso unánime de prensa e público, consolidouse coma un dos guitarristas de gypsy jazz máis prominentes do Estado.


Co seu trío, no que se acompaña de Iago Reigosa (guitarra) e Juyma Estévez (contrabaixo), está inmerso na gravación dun traballo discográfico que verá a luz a principios do 2020. Este álbum, conformado por nove composicións de David Regueiro, estará ubicado no jazz manouche, a corrente estética creada por Django Reinhardt, sen deixar de lado outras das súas influencias: o swing americano e o be-bop. O trío aporta unha visión rigorosa e respectuosa coa tradición ao tempo que fresca e innovadora.
 

“Fraseo espectacular […] ganas de facer saltar polos aires todo convencionalismo”

Cándido Querol (B-Ritmos)

“Francamente, un moi bo traballo […] e isto é importante, o traballo de xente moi valorosa [...] Galicia terra de jazz”
José Manuel Pérez Rey (Distrito Jazz)
“Regueiro é un especialista, e un estudoso, do jazz manouche […] un exemplo máis
da vitalidade que desprega agora mesmo o jazz galego”

Jaun Ez (Distrito Jazz)
“Hot jazz por definición. Vigorizante swing”
Michael Ricci (All About Jazz)

Tras realizar estudos de Guitarra, Educación Musical, Historia e Ciencias da Música en diferentes conservatorios (Ourense, Salamanca e A Coruña) e universidades (Complutense de Madrid, Salamanca y Royal Holloway de Londres) recibe clases dalgúns dos músicos con máis traxectoria a nivel internacional: Samson Schmitt, Brady Winterstein, Mozes Rosenberg, Adrien Moignard, Joaquín Chacón, Abe Rábade, Paco Charlin, Albert Sanz, Peter Bernstein, Logan Richardson, Steve Brown, Philip Catherine, etc.
 

Ten tocado en Portugal, Alemaña, Reino Unido, Francia, Holanda… visitando asiduamente as salas máis importantes de Galiza e do Estado, así como en abondosos festivais de jazz: Festival Internacional de Jazz de Ourense, Festival de Jazz de Lugo, Imaxinasons , Nits per Django de Barcelona, Festival de Jazz de Ribadavia, Festival de Jazz de Salamanca, Nigranjazz, Villamajazz (León), Canjazz Festival Internacional de Jazz de Cangas, Festival Más Que Jazz (A Coruña), Festival de Jazz de Ponteareas, Mostra de Jazz de Rianxo, Festival Jazz de Ría, etc.