Luneda Producións | 646 165 044
 info@luneda.gal | luneda.gal

DAVIDE SALVADO

Novo espectáculo

AMARELO


Davide Salvado presenta o seu novo espectáculo, AMARELO. Cancións tradicionais galegas e non só, tamén doutras partes do mundo, reinterpretadas desde a óptica contemporánea que caracteriza a Davide e acompañadas dos textos do escritor, guionista e actor Manolo Cortés.
 

Para o directo, Davide estará arroupado polo bo facer de dous dos grandes da música galega actual: Pedro Pascual (acordeón diatónico, bouzouki e guitarra) e Pablo Pascual (clarinetes).


Amarelo
Adxectivo
Terceira cor do espectro solar.
En natureza, cor do ouro, do limón, da flor da xesta.
En debuxo, cor coa que se enche o núcleo dunha explosión.
En música, título do próximo tespectáculo de Davide Salvado.


Substantivo
Cor coa que se tinguen os cantos revisitados, evoluídos, transformados.
Núcleo mesmo dunha explosión entendida como a expansión dun corpo.
Manifestación súbita dun sentimento ou un estado de ánimo en forma de concerto.
Ruptura que a tradición necesita para seguir transmitíndose.
En zooloxía e en seguridade vial, cor de advertencia.


Sinónimos
Estimulante, próximo, alegre, rechamante.


[texto_Manolo Cortés]


Davide Salvado é sen dúbida unha das voces máis carismáticas do noso país. De formación autodidacta, leva media vida recorrendo as aldeas na procura de ritmos, coplas e danzas. De todas esas mulleres que se foi atopando, aprendeu non só a tradición na música, se non todo un xeito de vivir. O amor a todas esas prácticas tradicionais e o respecto pola terra, fan do xeito de entender o canto para Davide moito máis que simplemente música.
 

No 2003 comenzou a súa carreira profesional xunto a Ugia Pedreira (Marful) e o grupo Ecléctica Ensemble. Pouco
despois, uniuse como cantante e percusionista á banda do recoñecido gaiteiro Budiño, coa que xirou por escenarios de medio mundo.


A súa versatilidade permitiulle achegarse tamén a xéneros como o cabaret ou o teatro. Davide colaborou ademáis en varios traballos discográficos, entre outros Galiza de Kepa Junkera ou Sing me Home de Yo-Yo Ma & Silk Road Ensemble, gañador do GRAMMY 2017 a Best World Music Album.
 

No 2011, editou o seu primeiro traballo en solitario, Árnica Pura, producido por Eliseo Parra, que esgotou catro edicións. Tras dous anos de xira, presentou O Ladrón de Amorodos, un espectáculo a trío xunto o acordeonista Santi Cribeiro (Berrogüetto) e o percusionista e gaiteiro Cristian Silva. Con este espectáculo, Davide foi escollido polo xurado internacional para a sección oficial de WOMEX 2014, a feira de world music máis importante do mundo. Grazas a isto, conseguiu unha grande presenza nos medios especializados internacionais, onde falaron del como unha das grandes descubertas do 2014.
 

En febreiro de 2015 editouse o disco Rústica, un proxecto moi especial e efémero xunto a Cristina Pato, Anxo Pintos e Roberto Comesaña, que acadou moi boas críticas.
 

No 2015 editou o seu novo disco en solitario, LOBOS, producido por Pedro Pascual (Talabarte, Marful), no que Davide se ve arroupado por músicos do tamaño de Santi Cribeiro (arranxista de moitos dos temas), Xavi Lozano (Coetus), Quim Farinha (Berrogüetto), Miguel Hiroshi ou LAR Legido (Sumrrá), entre outros.

Os lobos inspiran este disco, como metáfora desa cultura tradicional necesaria e ao mesmo tempo maltratada, a imaxe dunha Galiza pura e salvaxe. Así na arte do disco aparecen os lobos de Davide, desde os de Isaac Díaz Pardo para Sargadelos até os que cantan e se convirten en home... ou ao revés.
LOBOS está feito desde o corazón, é un agradecemento a todas esas pandereteiras e bailadoras maiores,
mulleres fortes e anónimas, que ensinaron a Davide a ser o que é.


MELLOR PROXECTO DE MÚSICA TRADICIONAL NOS

PREMIOS MARTÍN CÓDAX DA MÚSICA 2017
 

Neste 2019 presenta o seu novo espectáculo, AMARELO. Cancións tradicionais galegas e non só, tamén doutras partes do mundo, reinterpretadas desde a óptica contemporánea que caracteriza a Davide e acompañadas dos textos do escritor, guionista e actor Manolo Cortés.


Para o directo, Davide estará arroupado polo bo facer de dous dos grandes da música galega actual: Pedro Pascual (acordeón diatónico, bouzouki e guitarra) e Pablo Pascual (clarinetes).



“La transgresión rural.
El cantante mezcla tradición, jazz y desparpajo arcoíris en una de las propuestas
más seductoras para la aletargada música de raíz”.

(Fernando Neira. El País)


AMARELO en directo:
Davide Salvado – voz, pandeireta e pandeiro
Pedro Pascual – acordeón diatónico, bouzouki e guitarra
Pablo Pascual – clarinetes

  • Preto Ícone Facebook
  • Preto Ícone Spotify
Amarelo