booking· xestión de programacións· proxectos singulares· produción

En Luneda gostamos da música portuguesa.

Xa hai tempo que en Luneda Producións vimos traendo á Galiza artistas do país irmao e resulta un gosto para nós. Nos vindeiros días teremos dous dos proxectos máis destacados da música portuguesa actual, que tivemos a sorte de coñecer nas feiras profesionais SoL Madrid e Mercat de Música Viva de Vic.

Sara Correia, a grande voz da nova xeración do fado, estará o 27 de agosto nas Festas de Ferrol presentando o seu álbum debut homónimo. Será ás 21:30 no Auditorio de Ferrol.

O domingo 6 de setembro, poderemos ver no Auditorio de Galiza en Santiago de Compostela, a Lina_Raül Refree, unha das propostas actuais con máis proxección internacional dentro da world music.

“Nunha noite de fados as voces móstranse auténticas: sen amplificación, sen adornos e sen filtros, apenas nervo e talento, alma e paixón. Raül Refree entende ben todas estas cousas e como elas marcan as voces, tendo asinado, por exemplo, a produción de Los

Angeles de Rosalía, ou Granada de Silvia Pérez Cruz. Por iso mesmo, o músico e produtor non tivo dúbidas cando escoitou a Lina cantar no Clube de Fado de Lisboa. E foi aí, a media luz, que Raül Refree namorou da voz desta nova fadista, estudante atenta da obra

de Amália Rodrigues, á que homenaxea neste proxecto desde unha perspectiva tan respectuosa e auténtica como desafiante.”

Non é a primeira vez que apostamos pola música portuguesa para as nosas programacións, algúns exemplos destacados disto son Salvador Sobral, Maria de Medeiros & The Legendary Tigerman, Gaiteiros de Lisboa, Miguel Araújo, Deolinda ou Oquestrada. Pero esta ponte entre o noso país e o do sur do Miño ten percorridos de ida e volta. Tamén algunhas das nosas bandas estiveron en diversos lugares de Portugal, como o Festival de Músicas do Mundo de Sines -sen dubida un dos máis recoñecidos a nivel internacional-, o Artes à Rua de Évora, o Festival Folk Celta de Ponte da Barca, o Arredas Folk Fest, a Festa do Caldo de Quintandona, o Festival do Bacalhau de Ílhavo e municipios como A Guarda ou Póvoa do Varzim, entre outros.

En Luneda Producións seguiremos traballando para que esta ponte siga aberta, tecendo redes coas axencias veciñas e colaborando tamén con iniciativas como o MUMI, a primeira feira profesional de música entre Galiza e Portugal, que celebrou a súa primeira edición a principios deste 2020: http://mumimusicas.eu/

gostaches desta nova?
5/5

partillar

Deixa unha resposta

vindeiras datas

non se atoparon

visita a súa páxina

non se atopa