Unha viaxe escénica, poética e musical cara o abismo da perda da identidade, da razón e da moral. Atravesar a sombra como camiño ineludible e o sacrificio como acto artístico por excelencia. En tempos de profunda revisión persoal e social…, que queda cando non queda nada? Enric Montefusco, despois de rodearse nos seus últimos espectáculos dos artistas máis inquedos e innovadores, volve cruzar a liña que separa a música das artes escénicas para protagonizar a súa proposta máis poética e radicalmente íntima. Faino acompañado de Xavier Bobés, que traballa desde hai máis de quince anos cos obxectos e o seu simbolismo.
Venres 1 de abril no Auditorio de Galicia. Entradas xa á venda na web de Compostela Cultura.