FAIA leva este sábado ao Festival de Ortigueira o seu novo espectáculo, un paso máis no seu proceso de creación desde o primeiro disco. Os ritmos e melodías tradicionais buscan outros camiños a través da voz, movéndose entre o íntimo, o que se di e o que se silencia. A escena serve de casa, de refuxio onde reflexionar sobre o poder da transmisión no ámbito do doméstico, na herdanza. Como unha constante no seu traballo, a muller volve ser a protagonista, portadora dunha identidade rica, xenuína e diversa.
Teatro da Beneficencia – Concello de Ortigueira.
Entradas na billeteira do teatro desde 45 minutos antes do espectáculo.