booking· xestión de programacións· proxectos singulares· produción

Gaizca Project (Ialma + Iñaki Plaza + Manu Sabaté) na noite grande das Festas do Apóstolo

GAIZCA PROJECT,

o proxecto de creación para o encontro das músicas populares galegas, vascas e catalás liderado polas pandereteiras Ialma, o trikitilari Iñaki Plaza e o graller Manu Sabaté, chega por primeira vez a Galiza e faino pola porta grande: a noite do 24 de Xullo na Praza da Quintana de Santiago de Compostela, dentro das Festas do Apóstolo.

Gaizca Project é un dos proxectos folk con máis forza do momento. Que as pandereteiras galego-belgas Ialma coincidisen cun dos grandes expoñentes da música folk vasca, Iñaki Plaza, e con Manu Sabaté, referente na innovación e no tratamento contemporáneo do instrumento tradicional catalán por excelencia, a gralla, non foi casualidade. De buscarse, atopáronse na Fira Mediterrània de Manresa, a feira profesional na que, diríamos, cócese todo ou case todo o interesante que pasa anualmente nas músicas populares da Península. Co seu primeiro disco (homónimo), editado polo selo belga especializado Homerecords, estiveron xa nuns cantos festivais folk de diferentes países, como o Rudolstadt Festival (Alemaña), o Festival Tradicionàrius (Barcelona), o Ligat Festival (Francia), o Weltmusik Fest (Bélxica) ou o Demandafolk (Burgos). Neste 2020 foran seleccionados para dúas feiras profesionais de grande impacto nas músicas do mundo: a Seoul Music Week (Corea do Sur) ea EXIB (Portugal), as dúas adiadas a 2021 a causa da Covid19. Ademais, no último mes foron recoñecidos con dous premios: un ‘Coups de Coeur – World Music 2020’, da ‘Charles Cros Academy’ (Francia) e o ‘Best World Music Album Award 2019’, da plataforma profesional ‘Indie Acoustic Music Project’ (Estados Unidos). Agora chegan por primeira vez a Galiza para poñer a música á noite grande das Festas do Apóstolo. Será este venres día 24 ás 22h na Praza da Quintana de Santiago de Compostela. As entradas poden retirarse de balde en http://reservas.gal/ Gaizca Project son:

Ialma (Galiza/Bélxica): voces e pandeiretas Iñaki Plaza (Euskadi): trikitixa e txalaparta Manu Sabaté (Cataluña): gralla e tenora Kepa Calvo (Euskadi): batería e txalaparta Hugo Franco (Galiza): guitarra Máis información: https://www.luneda.gal/gaizca-project Videos: Live at Eupen: https://www.youtube.com/watch?v=A6R48tODHMw Live at Rudolstadt Festival: https://www.youtube.com/watch?v=3IptykIOez8

#GaizcaProject #FestasDoApostolo #Apostolo2020

gostaches desta nova?
5/5

partillar

2 respostas

  1. Buenas noches. Pertenezco a una asociación cultural de un pueblo de Burgos, Milagros, que lleva 40 años organizando actividades culturales en esta localidad de menos de 500 habitantes. Nos gustaría contactar con Gaizca Project para ver si pueden venir a actuar, pero no encontramos ningún teléfono ni e-mail. Agradecemos si nos pueden facilitar su contacto. Un saludo.

Deixa unha resposta

vindeiras datas

non se atoparon

visita a súa páxina

non se atopa