FESTIVAL DE JAZZ NA RÍA DE FERROL | GALIZA
VI EDICIÓN · AGOSTO 2022

  • Instagram
  • Facebook
  • YouTube
descarga_edited.png
TRANS_CABEZALLO
Orquestra Galega de Liberación no Jazz de Ría 2021
 

Jazz de Ría é un festival de jazz deseñado para a privilexiada Ría de Ferrol. Desenvólvese nos concellos marítimos da comarca, baixo a mesma marca, sendo estes variábeis ao longo das diferentes edicións, conseguindo unha importante colaboración e un necesario diálogo entre estes lugares unidos pola ría. A tradición marítima e industrial da Ría, as súas características naturais e o espectacular patrimonio naval que a rodea, foron fonte de inspiración para crear este festival.
 

A proposta artística pretende ter como protagonistas aos mellores músicos e músicas galegas, dando ao mesmo tempo ao público a oportunidade de descubrir bandas novas doutros territorios. Por isto busca fomentar os encontros de músicos galegos con músicos doutros lugares onde a ensinanza e a cultura jazz están especialmente valoradas, servindo así tamén o festival Jazz de Ría como ponte para exportar o noso jazz e importar novas ideas das que aprender.
 

A programación está deseñada tamén para os espazos, lugares singulares con características especiais onde non todas as propostas serían axeitadas, polo que a integración da programación na localización é fundamental. A participación da veciñanza e a recuperación da memoria son tamén parte da filosofía do Jazz de Ría. Todas as actividades son abertas, gratuítas e accesíbeis. 


Nas súas primeiras cinco edicións (2017 - 2021) o festival posicionouse dentro do circuito dos festivais de jazz estatais, grazas ao especial da proposta e á coidada programación musical. No 2021, Músicas ao Vivo concedeulle o Premio Organistrum Extraordinario de festivais nos PREMIOS MARTÍN CÓDAX DA MÚSICA, valorando a aposta pola cultura de proximidade e as boas prácticas.

pasadas edicións

banderín_3
banderín_1
banderín_2
 
logo_jdr_tr_opt.png

2021

programa Jazz de Ría 2021

press to zoom

press to zoom

press to zoom

press to zoom
1/25