O festival Jazz de Ría, nacido nesta casa, foi galardonado onte co Premio Organistrum Extraordinario a festivais -outorgados pola directiva da Asociación Músicas ao Vivo-, nos Premios Martín Códax da Música. Un dos máis grandes recoñecementos aos que pode aspirar un festival na Galiza.
A estatuíña melómana foi recollida por Aitana Cuétara, que salientou que “o recoñecemento das músicas é o mellor que podemos ter”, e engadiu emocionada: “Asumimos este recoñecemento como colectivo, e por iso quero compartir tamén con todos os festivais que resistiron, que saíron adiante e, sobre todo, polos que apostan pola cultura de proximidade, feita por veciñas e para veciñas”.
…destaca por ser un evento de proximidade (…) A produción técnica e a escenografia dos espazos nos que se desenvolven os concertos están coidados con detalle. Nótase profesionalidade e agarimo, documentando ademais cada xornada con material grafico de grande calidade. ademáis disto, todo o equipo técnico que traballa no mesmo é galego e destaca pola boas prácticas profesionais en materia laboral e de igualdade de xénero, (…) Hai que salientar amais as suas boas practicas comunicativas, mantendo activas ao longo de todo o ano as suas redes sociais (…) . por todo isto decidimos que é un exemplo digno de profesionalidade e pode representar o que debe ser un festival feito con respecto, calidade e agarimo.
https://video.wixstatic.com/video/a3a53d_23ec611f3fa742f3821e12550a2ced1d/1080p/mp4/file.mp4