Ir o contido
  • +34 881 979 963
  • info@luneda.gal
  • capa
  • quen somos
  • catálogo
    • Caldo
    • Ruxe Ruxe
    • Moura
    • David Regueiro
    • Cocanha
    • San Salvador
    • Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre
    • The Sey Sisters
  • proxectos
  • oqnse
  • novas
  • axenda
  • contacto
  • tenda
Menu
  • capa
  • quen somos
  • catálogo
    • Caldo
    • Ruxe Ruxe
    • Moura
    • David Regueiro
    • Cocanha
    • San Salvador
    • Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre
    • The Sey Sisters
  • proxectos
  • oqnse
  • novas
  • axenda
  • contacto
  • tenda

LUNEDA DÁ A BENVIDA A MOURA!

  • otero otero
  • Martes 20 de Decembro de 2022
  • sen comentarios
  • Catálogo
Moura
Moura
Damos a benvida á nosa casa a Moura -a nova incorporación a Luneda-, unha das bandas máis interesantes do momento, unha proposta a medio camiño entre a neo-psicodelia, o rock progresivo e a música tradicional galega.

Facendo equipo co seu selo, Spinda Records, levaremos o seu agardado ‘Axexan, espreitan’ a algunhas das programacións estatais máis destacadas, abrindo novos camiños para o prometedor futuro desta formación.

Os galegos MOURA lanzaron en maio do 2022 o seu agardado segundo disco de estudio, ‘Axexan, espreitan’, dous anos despois da edición do seu debut homónimo e do posterior sinxelo “Muiñeira da Maruxaina” (2021). Con este novo traballo no que profundizan aínda máis na tradición galega e coa súa impecable traxectoria, acadaron o recoñecemento da crítica máis especializada, o que os levou a actuar en citas tan importantes como Resurrection Fest, Monkey Week, Sound Isidro, Sonic Blast, Festival de la Luz ou Los Conciertos de Radio 3, entre outras. 2023 será un ano para continuar presentando ‘Axexan, espreitan’ ao vivo e embriagar co seu aquelarre sonoro a todas as persoas que presencien algún dos seus concertos.

gostaches desta nova?
 5/5

partillar

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.

vindeiras datas

non se atoparon
PrevanteriorA comunidade que traballa co arquivo sonoro galego demanda a creación dun código deontolóxico. Conclusións O que non se escribe 2022.
seguinteRuxe Ruxe presentan disco na Sala CapitolNext

visita a súa páxina

Moura
Moura
contratación en exclusiva
rock

Melodías psicodélicas, cantos pastorais e ritmos tribais envoltos en ecos de tempos pasados e tradición galega. Sen dúbida, unha das bandas de rock máis interesantes do panorama estatal actual.

precisas máis info?
cóntanos
Instagram Facebook-f Youtube Spotify
  • política de privacidade
  • termos e condicións
Menu
  • política de privacidade
  • termos e condicións
  • info@luneda.gal
  • +34 881 979 963
Navedelata_logo_coop_negat_blan