booking· xestión de programacións· proxectos singulares· produción

MÁIS DE 200 PERSOAS BAILAN DESDE AS SÚAS CASAS O “VALXE” DE OS D’ABAIXO

O videoclip foi feito cos case 100 videos que a banda recibiu de xente confinada nas súas casas bailando o seu novo single.

https://www.youtube.com/watch?v=Wgx7BePA_ug&feature=youtu.be

Hai xusto un mes, xa en pleno confinamento, o grupo folk Os d’Abaixo lanzaba o videoclip do seu novo single, “Valxe”, adianto do que será o seu vindeiro disco. Como dixo unha vez James Brown, calquera problema do mundo pode resolverse bailando, e é por iso que a banda fixo un chamamento por redes sociais para que todas e todos nos gravásemos bailando este fermoso valse composto polo gaiteiro Víctor Antelo. Coas nosas fillas ou os nosos pais, soas, coa parella, co can, co gato, coa fregona… todo vale, o caso é bailar e esquecer por uns minutos a complexa realidade que nos rodea.

Chegaron case 100 videos de xente que dalgún xeito sinte un vínculo coa banda: fans, familiares, amigos e amigas… e por suposto os propios compoñentes e o equipo de produción. No medio, dúas sanitarias e dous bombeiros que também compartiron o “Valxe” desde os seus postos de traballo. Tamén videos chegados desde outras partes do mundo, como Francia, Estados Unidos ou Chile.

Collamos parella e bailemos!!

Ilustración: Gonzalo Vilas Montaxe do video: Sonia García Música: composición de Víctor Antelo / arranxo de Os d’Abaixo

Gravación de son: Manolo Dourado Videoclip orixinal do “Valxe”: https://www.youtube.com/watch?v=iadyqTjeV48

gostaches desta nova?
5/5

partillar

Deixa unha resposta

vindeiras datas

non se atoparon

visita a súa páxina

non se atopa