booking· xestión de programacións· proxectos singulares· produción

Nace Nave de Lata, unha cooperativa cultural para a promoción da música galega

Nave de Lata

Luneda Producións renace como cooperativa nesta nova sociedade, que acolle un ecléctico catálogo que dá voz a algúns dos proxectos máis singulares da escena trad, rock, pop, gipsy jazz do país.

Esta nova cooperativa cultural nace para expandir os sons e ritmos galegos polo mundo adiante. As persoas que conforman a promotora de management, booking, produción e programación Luneda Producións crean a Nave de Lata, unha sociedade, un espazo aberto ao mundo, que agroma como especializada na representación de artistas da escena galega, así como no acompañamento da súa carreira profesional.

Estilos coma o trad, rock, pop, ou gipsy jazz conflúen nesta cooperativa. Ao abeiro da unión entre Aitana Cuétara e Rubén Otero (Luneda Producións), Nave de Lata acompañará a traxectoria de artistas e bandas cun fondo compromiso coa cultura galega. É o caso de Caldo, David Regueiro, Moura ou Ruxe Ruxe, entre outras.

A Nave de Lata “tamén producirá eventos relacionados coa difusión e promoción da música e da cultura galegas”. Neste sentido, a cooperativa manterá a súa aposta por outras iniciativas impulsadas polo equipo. É o caso dos festivais Jazz de Ría, das xornadas sobre patrimonio sonoro O que non se escribe, do desenvolvemento de espazos de creación e asesorías artísticas así como da produción doutros eventos.

Para máis información sobre a nova cooperativa cultural Nave de Lata e as promotoras Luneda
Producións e Tremendo Audiovisual, pódese consultar o espazo web www.navedelata.gal

gostaches desta nova?
5/5

partillar

Deixa unha resposta

vindeiras datas

non se atoparon

visita a súa páxina

non se atopa