OÎMA

Oîma é un trío de músicas para baile de tradición galega e europea formado por Antía Ameixeiras (violín), Olalla Liñares (clarinete) e Martiño Senande (acordeón diatónico). Presentan agora o seu primeiro disco, "Ala!", unha viaxe no tempo e no espazo, unha reivindicación da música instrumental. 


Oîma é unha proposta musical concibida tanto para escoitar como para botarse a bailar. A través deses tres instrumentos achégannos música tradicional e tamén de composición propia, ligando os ritmos galegos (muiñeira, xota, pasodobre, valse) cos doutras latitudes (chapeloise, scottish, bourrée, rachenitsa). Xuntáronse no 2015 e desde aquela pisaron unha chea de escenarios, tanto en formato concerto como en formato balfolk, pero non foi até Decembro de 2019 que editaron o seu primeiro disco, "Ala!".

Antes de chegar aquí estivemos en moitos lugares, moitas veces. Os mapas e os calendarios fan parte da música. Somos dun tempo que vive doutros tempos, coma tódolos tempos. Tamén sabemos ben de onde somos. E transitamos.   
Facemos música instrumental. Identificámonos con eses contextos nos que o esencial é o secundario. Cando se pon o foco no fondo, no acompañamento, no recheo. reivindicamos a identidade de todos eses elementos que "non significan nada". Ai!, boh!, uf... Traemos connosco 12 pezas para un ano, que non teñen letra, pero din. E ala, xa está, chegamos.

 

  • Facebook
  • YouTube
  • Instagram - Black Circle
Luneda Producións | 646 165 044
 info@luneda.gal | luneda.gal