booking· xestión de programacións· proxectos singulares· produción

concerto

Anna Ferrer | Parenòstic

14 de Maio
ás 20:30
acceso con entrada
12€ (inclúe Cocanha)
Ana Ferrer

A través dos seus discos anteriores e en todos os seus proxectos, Anna Ferrer leva a música tradicional menorquina cara unha sonoridade máis universal. Parenòstic é agora a culminación temporal do seu proceso persoal e artístico, no sentido de que vive e comparte a integración dos opostos que para ela representaban a creación contemporánea e a tradición.

Parenòstic é un espectáculo cru e sofisticado dirixido por Niño de Elche no que a artista pon en equilibrio ese debate interno, entendendo que son un todo. Na escena, ela soa reinterpretando desde tres olladas diferentes e diferenciadas os cantos tradicionais da súa terra.