booking· xestión de programacións· proxectos singulares· produción

concerto

Los Sara Fontán & Amorante | SO

13 de Maio
ás 20:30
acceso con entrada
12€
Los Sara Fontán & Amorante

Escoitar sen ver. Nun tempo onde miramos a música a través de pantallas, Amorante e Los Sara Fontán únense nun espectáculo que sitúa, de xeito militante, o son (SO) no centro. Unha peza sónica a escuras, só bañada pola luz de nove lanternas controladas polos propios músicos. Dispostos en círculo e co público rodeándoos, o inédito trío toca, canta, declama, baila, corre e performa de xeito ininterrompido, sen descuartizar o son en cancións ou fragmentos.

A ollada pasiva subordínase á escoita activa mentras Iban Urizar (Amorante), Sara Fontán e Edi Pou viaxan por unha infinidade de estilos e texturas, desde a música tradicional e as paisaxes sonoras até o
posthardcore e o trap con autotune.