booking· xestión de programacións· proxectos singulares· produción

PASEO SONORO

dende o12 de Maio ata o
29 de Maio
Paseo Sonoro 2022

Esta intervención guía aos participantes a través dun mapa por diferentes puntos da cidade nos que atopar tesouros sonoros. En cada punto agóchase un código QR para escanear e escoitar cos auriculares un anaco dunha recolla de música tradicional.

Acompañando a cada QR, atoparemos a información do audio: a quen lle foi gravado, onde e cando foi gravado e por quen foi gravado. Tamén por quen foi feita a selección da peza, xa que para escoller eses cortes contamos coa colaboración de destacados profesionais da música tradicional.

Este ano, como novidade, atoparemos non só música tradicional galega, se non que tamén poderemos escoitar 7 arquivos recollidos da tradición oral de 7 lugares polos que pasan os diferentes Camiños de Santiago, grazas aos que sempre se produciron importantes intercambios culturais: o Camiño Francés, o Camiño Inglés, o Camiño Portugués, a Vía da Prata, o Camiño Primitivo, o Camiño de Inverno e, como un guiño cara a sede xacobea máis antiga fora do territorio continental europeo, o Camiño de Santiago de Gran Canaria.

O PASEO

Turismo de Santiago

Rúa do Vilar, 63
A Santa Cruz de Maio
Leni Pérez

Sombreirería Iglesias

Rúa do Vilar, 34
Portuguesa
Bouba Pandereiteiras

Restaurante María Castaña

Rúa da Raíña, 19
Cantar das labradas
Lilaina

Mercería Algui

Rúa do Vilar, 24
Baxaben cuatro ayeranos
Rodrigo Cuevas

Museo das Peregrinacións

Praza das Praterías, 2
O gato do convento
Antonio Prado

Edicións Positivas

Rúa das Carretas, 18
Canto de arrieiro de Anxeriz
Luis Prego

Café Bar 13

Rúa de Santa Clara, 13
Muiñeira de Florencio
Oîma

CGAC

Rúa de Ramón del Valle-Inclán
Fiesta por bulerías
Alba Carmona

O DEZASEIS

Rúa de San Pedro, 16
Ronda de Tórtoles de Esgueva
Gonzálo Pérez Trascasa

Lila de Lilith

Rúa Travesa, 7
Jota de Mens
Beatriz Busto

O Xachegou

Rúa da Algalia de Abaixo, 27
Alalá de Betanzos
Aitana Cuétara

Chafarís

Rúa da Algalia de Arriba, 16
Ole laranxiña
Leni Pérez

Acivro Xoias

Rúa da Troia, 8
Canto de arada
Olga Cerpa y Mestisay

A Gramola

Praza de Cervantes, 10
Espadelada de Solbeira
Os d'Abaixo

Libraría Couceiro

Praza de Cervantes, 6
Quérome ir deitar
Raül Refree

Abastos 2.0

Praza de Abastos, Rúa das Ameas, 13 -18
Asubíasme de lonxe
Beatriz Bustos

Vide, Vide!

de, Rúa da Fonte de Santo Antonio, 10
La canción del intremés
Rodrigo Martínez

Pimpán bar

Praza de Mazarelos, 11
Cantar do arrieiro
Adufeiras de Salitre

A Novena Porta

Rúa do Cardeal Payá, 3
Al outro llado del río
Andrés Rodrígues

De Cotío

Rúa de Xelmírez, 26
A raíz do toxo verde
Gabi Reboredo

Merlín e Familia

Rúa Nova, n. 8-10
Cantar das labradas de Moscoso
Luis Prego

Ela Diz

Rúa Nova, 24
Moda do Entrudo
Susana Belchior

PASEOS GUIADOS

Sábado 14
11:30
Turismo de Santiago
Sábado 14
18:30
Turismo de Santiago
Domingo 15
11:30
Turismo de Santiago
Domingo 15
18:30
Turismo de Santiago