booking· xestión de programacións· proxectos singulares· produción

masterclass

Adrià Grandia | Dispositivos tradicionais

12 de Maio
ás 16:00
acceso libre
Sala Riquela
Adriá Grandía

A música tradicional viuse influenciada polos xéneros e os dispositivos tecnolóxicos de todas as épocas. Pero deberíamos preguntarnos xusto o contrario, como podemos coa tradición chegar a novos camiños creativos.

Pensemos os instrumentos populares como dispositivos, como poden xerar en sintetizadores, efectos e demáis tecnoloxías unha apertura para seguir dialogando coa tradición.

O catalán Adrià Grandia, zanfonista e graller, aproveita todos os recursos dos seus instrumentos, explorando as súas posibilidades sonoras e creando una nova atmósfera a través dos dispositivos electrónicos.

Actualmente traballa no seu novo proxecto, RE-, onde combina a recodificación da música tradicional coa danza, e colabora con Carlos Martorell e Marc Vilajoana no espectáculo Acte de fe, unha exploración
da nosa relación coa tecnoloxía a través dos arquivos sonoros e a IA.