O dúo occitano Cocanha presenta o seu novo disco, Puput (2020), producido por Raül Refree, que soubo capturar á perfección a intensa delicadeza da súa música. As voces de Cocanha proxéctanse ao ritmo da
pulsación dos tambores de cordas e a percusión corporal, levando o repertorio tradicional occitano ao seu terreo de xogo.
Exploración e sonoridades únicas cunha mensaxe que cuestiona a misoxinia e a relación coa norma social.