A transformación do material e a experimentación son a base do proceso creativo de Joana Gomila e Laia Vallès, procurando os límites da linguaxe tradicional para voar despois desde a electrónica.
Cando se publicou Folk Souvenir, Joana Gomila sacudiu o mundo da música tradicional cunha forma de facer tan persoal como atrevida. Houbo poucos discos que capturaran de xeito tan fiel a alma mesma das tonadas mallorquinas, en parte e paradóxicamente, pola súa capacidade de liberalas dos corsés e reinventalas desde puntos de vista caleidoscópicos.
Agora en “Paradís”, Gomila parte dun novo formato a dúo con Laia Vallès, coa que, cun son expansivo e transgresor (teclados, sintetizadores, samplers), profundiza nese espíritu de busca e experimentación ao tempo que ensancha o seu universo sonoro incorporando por primeira vez cancións de composición propia.