Caldo presenta “Lugar A Ponte”, o seu novo disco gravado e producido man a man con Alberto Cernadas (crnds). Neste novo traballo, déixanse levar a través doutras estéticas, facendo que os seus temas tomen camiños imprevistos. Cada tema do álbum representa un vínculo, un momento de cambio, unha relación, unha perda, funcionando coma episodios da procura dun fogar que, aos poucos, imos construíndo xunto ás persoas que queremos.
Para esta presentación, María Jorge (violín), Anaïs Barbier (voz) e Pedro Fariñas (guitarra) estarán acompañados por Germán Díaz (zanfona), Diego Alonso (saxo), Begoña Riobó e Antía Ameixeiras (violín), crnds (sintetizadores) e as pandeireteiras Claudia Abril, Flor Díez e Marta Collazo.