booking· xestión de programacións· proxectos singulares· produción

encontro

ENCONTRO: O ARQUIVO POLO QUE VALE. Uso e boas prácticas dos arquivos do patrimonio musical oral.

10 de Xuño
ás 16:30
acceso libre
Casa de Europa. Parque de Vistalegre.
bea

Neste encontro didáctico, a musicóloga e antropóloga Beatriz Busto guiaranos polos diferentes arquivos da música de tradición oral que podemos atopar para consulta e descarga na rede, nos libros ou en espazos físicos. Neste seminario, daranos ferramentas para saber onde atopalos, como entendelos e de que xeito empregalos. Unha sorte de manual de boas prácticas para o estudo, o traballo e a reinterpretación do patrimonio musical.