booking· xestión de programacións· proxectos singulares· produción

encontro

ENCONTRO: UN NOVO MAPA

10 de Xuño
ás 12:00
acceso libre
Casa de Europa. Parque de vistalegre
IMG 2

Neste encontro anual do festival, procuramos que diferentes artistas que reinterpretan a música tradicional desde unha óptica contemporánea, partillen as súas experiencias creativas e profesionais. Abe Rábade desde o jazz, De Ninghures desde o folk máis clásico, Mondra desde a electrónica e as músicas urbanas e Moura desde o rock progresivo e a psicodelia, levan os arquivos da música de tradición oral ás súas linguaxes, conseguindo novas sonoridades e estéticas que enriquecen o nso patrimonio musical.
Moderan a conversa Celia, Anxo e Dani, xornalistas impulsores do podcast Violentos Anos Vinte.

Nos dous anos anteriores participaron Tanxugueiras, Caamaño & Ameixeiras, Lilaina, Andrés Rodrigues, crnds, Xosé Miguélez, Mercedes Peón, FAIA, Xacobe Martínez Antelo e Marcos Gendre.