Na música de tradición oral, as referencias á casa, ao fogar, son constantes. Neste percorrido pola parte baixa da Casa de Europa e polos seus exteriores, Antía Vázquez poñerá voz ás cantigas que ilustran os diferentes espazos e elementos que podemos atopar arredor desta antiga casa colonial de principios do XX, antigamente propiedade da familia Simeón e actualmente xestionada pola USC.