Como quen pasou un tempo fora da casa e agora volve coa ollada curiosa do visitante, os irmáns Alejandro e Víctor Hernández mergullaron na tradición musical da súa Horta de Murcia natal para xestar Maestro Espada, un emocionante proxecto no que os sintetizadores analóxicos armonizan coas castañolas e laúdes recollendo o acento local das cuadrillas para demostrar con creces que a electrónica tamén será folclore.