Nesta residencia de creación colectiva impulsada por Aitana Cuétara e ideada especialmente para esta edición do festival, Alberto Cernadas (crnds), Tania Caamaño, Gabi Reboredo e Antía Vázquez traballarán sobre os arquivos que as compiladoras, músicas e amigas de #OQNSE nos foron achegando durante estes anos e que puidestes descubrir nos paseos sonoros que fixemos pola cidade. O obxectivo non é máis que xuntarse para escoitar, aprender e facer propio o riquísimo patrimonio oral que inspira as nosas creacións musicais. O 10 de xuño veremos o resultado ao vivo nunha mostra deste traballo en proceso.