Loureiros, carballos, castiñeiros, pereiras, laranxeiras… Na nosa tradición oral atopamos numerosas cantigas que falan das árbores. Tamén das flores, das herbas aromáticas e mediciñais, dos paxaros ou dos insectos. Acompañadas da bióloga Cristina Fuentes e do pandeireteiro Gabi Reboredo, faremos un roteiro polo Parque de Vistalegre para coñecer as especies que habitan nel… e cantarlles.